Publicador de contidos

Visita do alumnado e das e dos docentes do obradoiro de emprego de Salvaterra de Miño

03 de setembro del 2021

Visita do alumnado e das e dos docentes do obradoiro de emprego de Salvaterra de Miño

O 3 de setembro recibimos a visita do alumnado e das e dos docentes do obradoiro de emprego de Salvaterra de Miño. As e os alumnos-traballadores deste obradoiro reciben formación para obter o certificado SEAG0110 "Control de pragas" e, entre outras disciplinas, estudan: diagnose do estado fitosanitario mediante trampas; preparación de mesturas e produtos; aplicación por pulverizado; aplicación en pó, por nebulizado e por endoterapia; diagnose de locais e instalacións; colocación de cebos e portacebos; organización de almacén de produtos biocidas e fitosanitarios; e toma de mostras de solos e toma de mostras biolóxicas. Todas elas materias de traballo diario no noso centro.

O alumnado foi recibido polo deputado delegado Manuel González Martínez e a continuación, tras unha presentación das funcións de Areeiro, visitaron os distintos laboratorios do centro.