Publicador de contidos

A EFAreeiro participará no Congreso Internacional da Camelia que terá lugar en Goto, Nagasaki (Xapón) do 29 de febreiro ao 6 de marzo do 2020.

27 de Xaneiro del 2020

A EFAreeiro participará no Congreso Internacional da Camelia que terá lugar en Goto, Nagasaki (Xapón) do 29 de febreiro ao 6 de marzo do 2020.

Durante o congreso, organizado pola Sociedade Internacional da Camelia (ICS), as doutoras Pilar Vela e Carmen participarán con varios relatorios sobre investigacións realizadas en Areeiro durante os últimos anos:

 

- "A Camellia forest in the final stage of the Way of Saint James"

- "Potential role of camellias as fire-resistant plants in Galicia (NW Spain)"

- "New fungi and oomycetes associated with Camellia dieback in Spain"

- "Recent advances in Camellia Flower Blight research"

- "Effect of Camellia oil extraction residue as a biocontrol agent against plant pathogens"

- "Catechin composition of Camellia sinensis plants cultivated in Galicia (NW Spain)"

- "Detection of Pseudomonas syringae pv. syringae associated with Camellia sinensis in Spain"

 

Ademáis, estarán presentes nas reunións técnicas do proxecto de investigación "Procura de tratamentos efectivos contra o fungo Ciborinia camelliae, axente causante do murchado das flores de camelia" (5/3/2020), e na reunión anual do Grupo de Traballo para a Conservación de Camelias Históricas e Novas Especies de Camellia.

Durante o congreso, terá lugar a asemblea xeral da ICS, na que as doutoras Pilar Vela e Carmen Salinero defenderán a candidatura do xardín do pazo de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra, A Coruña) a Xardín de Excelencia Internacional de Camelia.

Nesta reunión preténdese apobar o texto definitivo da declaración Apoliu. A importancia deste documento radica en que constitúe a declaración que a ICS lle lanza á comunidade mundial, no que se indican as razóns polas cales a conservación das árbores de camelia antigas e históricas é un obxectivo importante que toda sociedade debe tomar en serio. Trátase dun instrumento diplomático que funciona soamente sobre a base do estímulo e da presión pública e cidadá.