A estación > Novas > Detalle nova

Asamblea Xeral do proxecto Agritox

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra) participou na Asemblea Xeral organizada polo socio principal do proxecto Agritox (Departamento de Farmacoloxía, Facultade de Veterinaria, Universidade de Santiago de Compostela) titulado "Prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas de alimentos/pensos causada polo cambio climático" realizada o 19 de novembro por videoconferencia.

19 de novembro del 2020

O 19 de novembro de 2020 tivo lugar a Asemblea Xeral do proxecto Agritox titulado "Prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas dos alimentos/pensos causada polo cambio climático" e dirixida a todos os socios participantes:

  • España: Universidade de Santiago de Compostela, Laboratorio CIFGA S. A. e Estación Fitopatolóxica Areeiro-Deputación de Pontevedra (EFA-DEPO)
  • Portugal: Faculdade de Ciências da Universidade do Porto e Cooperativa Agrícola de Vila do Conde
  • Irlanda: TEAGASC-Agriculture and Food Development Authority
  • Reino Unido: Queen's University Belfast
  • Francia: Agence nationale de sécurité sanitaire de l'alimentation, de l'environnement et du travail

A reunión centrouse nas modificacións do proxecto; na revisión de cada paquete de traballo; na implementación do paquete de traballo 6, que aínda non estaba en desenvolvemento (industrial pilot of the Toxicity Alert System); e na exposición dos traballos realizados por cada socio nos últimos seis meses.

A EFA-DEPO analizou mostras procedentes de socios de España e Portugal, estudou más de 700 illados fúnxicos e identificou 26 especies micotoxixénicas diferentes pertencentes aos xéneros Aspergillus, Fusarium e Penicillium. Así mesmo, puxéronse a punto protocolos para a determinación molecular de quimiotipos para as toxinas deoxynivalenol, nivalenol e fumonisinas no xénero Fusarium.

Programa da Asamblea Xeral dirixida a todos os socios do proxecto Agritox