Publicador de contidos
EFA-DEPO ocuparase de realizar as análises fitopatolóxicas dos ameneiros dos que colleu mostras a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

-
Este estudo está incluido no convenio firmado en 2019 entre a CHMS e a USC para o estudo da mortalidade dos ameneiros
-
Este convenio estará vixente ata decembro do ano 2021 e o importe do mesmo é de 125.654 euros
A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependiente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, firmara o 22 de xullo de 2019 un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o estudo da mortalidade dos ameneiros nos ecosistemas fluviais das bacias do Miño-Sil e Limia, e para a proposta de medidas de xestión na conservación da biodiversidade intraespecifica e interespecifica.
O Estudo da EFA

No marco deste convenio está incluido un estudo que realizará a Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA) a través do que realizará as analíticas das mostras de raíz, cortiza e solo de ameneiros para determinar a presenza do complexo Phytophthora alni (P. x. alni, P. uniformis e P. x. multifomis) nas diferentes zonas seleccionadas para a mostraxe.
A EFA ten unha ampla experiencia na diagnose destes oomicetos e realizou a primeira detección en España das tres especies deste importante complexo causante da diminución dos ameneirais, recollida nas seguintes publicacións:
- First Report of Phytophthora Rot on Alders Caused by Phytophthora alni subsp. alni in Spain: http://dx.doi.org/10.1094/PDIS-94-2-0273A
- First Report of Phytophthora alni subsp. uniformis on Black Alder in Spain: https://doi.org/10.1094/PDIS-10-11-0891-PDN
- First Report of Phytophthora x multiformis on Alnus glutinosa in Spain: https://doi.org/10.1094/PDIS-08-16-1092-PDN