Publicador de contidos

Sinatura do convenio de colaboración entre a Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra e e a Granxa Pegullal, S. A., para a "Caracterización, identificación e conservación da colección de camelias e a súa ampliación para a inclusión do xardín de Pegullal na Ruta de Camelia da provincia de Pontevedra".

20 de decembro del 2019

O obxecto deste convenio é o establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a  Deputación e a Granxa Pegullal, S. A., co fin de informar e levar a cabo a identificación o mapeado dos cultivares de camelia do xardín mediante análises moleculares e morfobotánicas, así como o asesoramento para ampliar a colección coa selección e a subministración de novos exemplares de camelias, e colaborar en actividades investigadoras, de lecer e divulgación relacionadas con estas plantas, coa finalidade de acadar a incorporación do xardín de Pegullal na Ruta da Camelia e solicitar o recoñecemento de Xardín de Excelencia Internacional.

O pazo Pegullal atópase no concello de Salceda de Caselas, onde nestes momentos non hai ningún xardín histórico ou monumental que poida ser visitado por un público interesado no turismo verde e de xardíns, que actualmente va en aumento e que constitúe unha liña prioritaria de interese europeo. Pola súa situación, no sur da provincia, este xardín servirá de nexo entre o resto dos xardíns da Ruta da camelia coa zona norte de Portugal, que abrirá o turismo verde da provincia de Pontevedra ao turismo internacional.

A apertura ao público desde xardín conformado arredor da camelia e a súa incorporación na Ruta de Camelia repercutirá no aumento de postos de traballo e ocupación no contorno rural do sur de Pontevedra e constutuirá un novo punto de atracción para visitantes e turistas.

Convenio PegullalConvenio Pegullal 2