Publicador de contidos
O xardín do pazo de Santa Cruz de Ribadulla é Xardín de Excelencia Internacional da Camelia.

O xardín do pazo de Santa Cruz de Ribadulla é Xardín de Excelencia Internacional da Camelia.
Durante a Asemblea Xeral da Sociedade Internacional da Camelia (ICS, polas súas siglas en inglés) que tivo lugar por vía telemática entre os oficiais desta sociedade durante as semanas pasadas, o xardín de Santa Cruz de Ribadulla obtivo o galardón de Xardín de Excelencia Internacional da Camelia. Na votación entre os directores e demais oficiais da ICS, este xardín obtivo a aprobación desta concesión por unanimidade.
Non se puido levar a cabo o acto de entrega dos galardóns, e o certificados enviaranse por correo unha vez os asinen o director e o vicepresidente da ICS.
Con este, son xa cinco xardíns de Excelencia Internacional da Camelia en Galicia: parque botánico do castelo de Soutomaior e xardíns do pazo de Rubianes, da Saleta e de Quinteiro da Cruz, o que constitúe un éxito e nos sitúa ao nivel internacional máis alto.