Publicador de contidos

Concesión definitiva do proxecto "VITICAST: Solucións innovadoras para a predicción de enfermidades fúnxicas na vide" no que participa a Estación Fitopatolóxica Areeiro

15 de Marzo del 2020

O 13 de marzo de 2020 publicouse a resolución definitiva pola que se concede a subvención para levar a cabo o proxecto "VITICAST: Solucións innovadoras para a predicción de enfermidades fúnxicas na vide" (número de rexistro 20190020007473), no que a EFA-DEPO participa como entidade asociada. A subención para este proxecto conedeuse ao abeiro do Real decreto 169/2018, de 23 de marzo, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións á execución de proxectos de innovación de interese xeral por grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación en Materia de Productividade e Sustentabilidade Agrícolas (AEI-AGRI), no marco do "Programa nacional de desenvolvemento rural 2014-2020" para o ano 2019. (IDENTIF. BDNS: 442992). Dos 47 proxectos que foron aprobados VITICAST quedou no posto 16.

En "VITICAST" participan 7 socios: Monet Tecnología e Innovación, S. L. (líderes do proxecto), Universidade de Vigo, Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), Viña Costeira, S. C. G., Bodegas Hacienda Monasterio, S. L., Bodega Matarromera, S. L., e a Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra. Conta como membro subcontratado coa Universidade de Santiago de Compostela e como colaboradores a Plataforma Tecnolóxica do Viño, a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro e a Asociación Galega de Viticultura.

O proxecto de innovación está cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do "Programa nacional de desenvolvemento rural 2014-2020". O orzamento total é de 615.249,11 € (subvención total: 599.957,11 €), dos que 89.484,08 € lle corresponden á EFA-DEPO.

O obxectivo de "VITICAST" é a optimización da produción e o desenvolvemento sostible do cultivo da viña nas provincias bioclimáticas máis importantes do noroeste peninsular a través da innovación no manexo integrado das enfermidades fúnxicas de maior incidencia (mildio, oídio e botrite). Con este fin desenvolveranse modelos de previsión do risco desas enfermidades obtidos a partir de datos meteorolóxicos que se combinarán con modelos de fenoloxía e de concentración das esporas e coas observacións de síntomas das enfermidades nas viñas que determinarán a decisión da aplicación dos pertinentes tratamentos fitosanitarios, de maneira que a loita fronte a estes patóxenos cumpra os obxectivos ditados no Real decreto 1311/2012, de uso sostible de fitosanitarios, e acade tamén a reducción dos custos económicos de produción. Ademais, estudarase o impacto que terán os diversos escenarios do cambio climático preditos polo IPCC sobre o cultivo da viña.

Páxina web do proxecto: www://viticast.es

llogos