A estación > Novas > Detalle nova

Publicador de contidos

Micotoxinas e a sanidade vexetal no sector vitivinícola de Galicia

Segunda xornada de información do proxecto Agritox, dirixida ás técnicas e técnicos das empresas vitinícolas de Galicia. A Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra), a Universidade de Santiago de Compostela e a empresa CIFGA organizaron vinculada ao proxecto europeo titulado "Prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas en alimentos e pensos polo cambio climático", unha xornada técnica dirixida a empresas do sector vitivinícola que tivo lugar o 14 de xuño de 2021, no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra

14 de xuño del 2021

Agritox

O día 14 de xuño de 2021, no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, tivo lugar a segunda xornada de información do proxecto europeo Agritox titulada Micotoxinas e a sanidade vexetal no sector vitivinícola de Galicia, dirixida ás técnicas e técnicos das adegas vitivinícolas.

Os participantes foron recibidos polo deputado delegado de centros de investigación da Deputación, D. Manuel González Martinez. A continuación, as charlas estiveron centradas por unha banda nas enfermidades máis importantes da vide e o efecto do cambio climático, por outro na presenza das  micotoxinas en alimentos e nos métodos de detección das  micotoxinas. Contou coa participación de 18 persoas, que asistiron presencialmente aos diferentes relatorios

Programa Agritox