Publicador de contidos

A EFA-DEPO participa no webinar divulgativo para a presentación do proxecto "VITICAST"

07 de Xullo del 2020

O pasado 7 de xullo tivo lugar unha xornada de divulgación sobre o proxecto "VITICAST" que, debido á situación derivada da COVID-19, se realizou en formato de webinar a través da plataforma Vitivin. A xornada constou de catro relatorios a cargo de Débora Franco (Monet Viticultura), Lucía Lloret (FEUGA), Víctor Vendrell (Bodega Matarromera, da D. O. Ribera del Duero) e, por parte da EFA, Rosa Pérez Otero. Inscribíronse máis de cen persoas, entre investigadoras, técnicas e viticultoras, sobre todo de España pero tamén da Arxentina, Brasil ou México.

20200707 viticast