AVISO FITOSANITARIO 18 SETEMBRO 2019

BUXO

Bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis)

As temperaturas tan elevadas da pasada fin de semana, con picos ben superiores aos 30ºC, fixeron evolucionar ás eirugas desta bolboreta, de xeito que as sebes e plantas illadas pasaron de aparentar sas a presentar síntomas máis ou menos evidentes segundo as comarcas (en xeral son máis notorios nas do sur polas información da que dispoñemos) ou as plantas/sebes polas súas condicións particulares.

20190917 Síntomas e eiruga alimentándoseSíntomas da alimentación e excrementos verdes frescos

Consecuentemente, é IMPRESCINDIBLE facer unha boa revisión na procura dos síntomas (que poden pasar desapercibidos si se concentran na zona baixa das plantas) para valorar a necesidade de aplicar un tratamento inmediato e, no caso de non facela, intervir, porque a situación é xa bastante xeneralizada.

Eiruga L2-L3 iniciando alimentación nunha follaTamén hai eirugas L4 alimentándoseNalgunhas sebes síntomas mais desapercibidos por estar na parte baixa