INFORMACIÓN FITOSANITARIA 31 MAIO 2019

A información que aportamos nos avisos e boletíns fitosanitarios baséase no observado nas nosas parcelas de seguimento, noutras fincas que visitamos nos nosos percorridos e tamén nos datos que, ás veces, nos aportan outros técnicos e viticultores. En todo caso, SEMPRE CONVÉN CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR DE CADA FINCA, porque pode haber diferencias mesmo locais. A nosa aportación debe ser considerada máis ben como unha referencia ou orientación, que axude a unha mellor xestión dos nosos cultivos

VIÑA

Estado fenolóxico: (H) - I - J [(57)-60/61-69/71] da codificación BBCH)

Este ano incorporamos á nosa rede de seguimento algunhas parcelas pertencentes á IXP Ribeiras do Morrazo. Tanto aos seus propietarios como aos das fincas do resto de comarcas (aqueles que levan con nos moitos anos e outros novos), grazas pola confianza

Algunhas viñas xa teñen grans de albariño tamaño cabeza de alfinete

As condicións de clima soleado dos últimos días favoreceron o avance na fenoloxía das viñas, de xeito que xa só quedan algúns acios que aínda non abriron as flores, e a maioría está cas flores abertas e/ou no "callado" ou formación de froitos. É máis, nalgunhas viñas máis adiantadas poden observarse incluso acios cos grans do tamaño da cabeza dun alfinete.

Mildio

Desde a emisión da información fitosanitaria anterior, en xeral o tempo estivo seco, con ventos do norte (fortes en períodos) e humidades relativas medias-baixas. Unicamente nalgunha estación meteorolóxica houbo certa humidade foliar, pero non todos os días. Con estas condicións e os tratamentos recentemente efectuados, non observamos novos síntomas nin avance nos existentes, e de feito en todas as viñas os síntomas aparecen freados ou en fases avanzadas de curación.

20190528_Manchas necrosando en viñas moi atacadas20190528_Despois dos tratamentos as manchas están secas y sen frutificación20190528_Os tratamentos lograron frear o avance nos acios con mildio

As condicións meteorolóxicas que se dan desde mércores (con máximas, onte xoves 30, de 34.8 ºC en Arbo ou 33.9 en Meder, e por riba dos 30º unhas 6 horas nas comarcas do sur) non favorecen tampouco o desenvolvemento do fungo e ata luns ou martes, segundo a axencia ou instituto meteorolóxico que se consulte, non se prevén cambios no tempo. Estes cambios serán un incremento nas probabilidades de precipitación, unha redución nas temperaturas e na intensidade do vento, e un cambio da dirección dominante deste, que en xeral pasará a ser oeste. As choivas do principio da semana próxima, de producirse, serán moi lixeiras segundo se prevé a día de hoxe polo que non deberían lavar os funxicidas aplicados, pero cara a metade ou finais da semana próxima anúnciase un incremento, máis ou menos elevado segundo a axencia que se consulte, na súa intensidade, co que a situación pode cambiar. Deste xeito, e en xeral, a nosa recomendación é que non será necesario renovar os tratamentos a corto prazo, revisar as viñas (en especial as que tiveron maior incidencia de síntomas nestes días) e estar pendentes da evolución da climatoloxía, tanto no que se refire a precipitación como a temperaturas nocturnas: se estas baixan, como prevén a maioría de axencias, dos 10 ºC, o risco será menor.

Outra recomendación é que aproveiten para rozar a vexetación acompañante das viñas, aínda moi alta nalgunhas parcelas, e que recorten os gromos que teñan un desenvolvemento exaxerado para favorecer a ventilación das plantas e reducir así o risco de patoloxías. Esta labor debe ser moderada ao estar aínda o acio iniciando o seu desenvolvemento.

Hai aínda viñas con vexetación acompañante moi alta20190529_Algunhas viñas teñen gromos novos demasiado longos

Oídio

Non vimos novos síntomas, nin sequera nas variedades máis sensibles ou onde os toparamos xa esta campaña. Non é necesario tratar pero si manter a vixilancia.

Micelio oídio confirmado a lupa binocular en folla albariño20190514_Primeiros indicios de oidio en folla albariño

Botrite

Como estaba previsto, o tempo seco e os ventos do norte están favorecendo o bo desprendemento dos restos das flores nos acios. Con todo, ao haber parcelas (e incluso acios na mesma parcela) aínda iniciando a floración, haberá que estar pendentes ás posibles precipitacións dos próximos días.

Vista a lupa de frutificacion botrite en folla AlbariñoBotrytis cinerea - Capuchones florales adheridos a granos

Black rot

As condicións climáticas desta semana non foron favorables ao desenvolvemento do fungo, e non topamos novos síntomas, nin sequera nas plantas testemuña. Aínda así, débese manter a vixilancia, xa que nos atopamos nun momento de elevada sensibilidade dos acios e o incremento da humidade previsto para a semana próxima si favorecerá ao patóxeno.

Obsérvanse novas manchas de black rotPicnidios de black rot en testigo 24junio2014

Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Xa apenas quedan viñas con capturas de adultos de Lobesia botrana da primeira xeración, pero nesta semana observamos os primeiros glomérulos en todas as fincas (a semana pasada só nunha do Rosal). A presenza destes é moi reducida en todo caso.

Esta semana apareceron glomérulos en todas as fincasGlomerulo en viña Rosal abrindo flores

Ácaros

A situación canto a estas pragas é a mesma da referida ata agora: só presenza de síntomas de erinose, e en niveis bastante baixos. Non hai sintomatoloxía doutros ácaros, e nas mostras de follas que recollemos para observar á lupa no laboratorio non hai individuos, aínda que si observamos algún ácaro útil fitoseido esporadicamente.

Aumentou presenza erinose nalgunhas viñas

Outros

As temperaturas tan elevadas que temos desde mércores sen dúbida favorecerán a expresión de novos síntomas de enfermidades da madeira. Lembren que no caso de que o síntoma estea restrinxido, despois da floración poden eliminarse os brazos afectados (SEMPRE EN TEMPO SECO,  desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un  funxicida sobre o corte). Por outra banda, os ventos do norte seguiron provocando rachos en gromos nalgunhas parcelas.

Síntoma de enfermedad de madera20190529_Os ventos de norte romperon gromos nalgunhas fincas

MACEIRA

Moteado

As condicións ambientais secas desta semana non favoreceron o avance da enfermidade. Con todo, visitamos unha finca que tiña follas ben afectadas nalgunhas árbores. Lembren que, polo menos nas variedades sensibles, é moi importante non descoidar a vixilancia para evitar danos ao froito.

As condicións máis favorables ao fungo son humidade elevada (choivas,  orballo, néboas, etc.) e temperaturas suaves-altas, polo que é nestas condicións cando a vixilancia debe ser extrema e os tratamentos máis precisos

Micelio de moteado en folla maceiraAbundantes manchas moteado en folla variedade sensible

Oídio

Non observamos cambios fronte á situación referida a semana anterior. Lembren que si só hai uns poucos gromos afectados, a súa corta e destrución é unha boa medida para frear o avance da enfermidade.

Pulgóns

Aínda dominando as colonias de pulgón verde, na finca á que nos referimos no moteado hai plantas tamén con pulgón cincento, que como sempre dicimos pode afectar tamén aos froitos.

20190529_Sintomas de pulgón cincento en maceiraColonia de pulgon cincento en folla de maceiraEnrollado de hojas por pulgón verde

Couza da mazá (Cydia pomonella)

Nas fincas da nosa rede non capturamos ningún macho desta bolboreta e tampouco observamos de momento froitos cas penetracións das eirugas.

Outros

As mazas con picaduras empezan a podrecer

Aínda coa humidade relativa media destes días observamos que nas variedades máis temperás xa hai froitos que empezan a podrecer a partir de picaduras de insectos, rachos polas pedras que se lanzan ca rozadora, etc. Mentres son poucos, é máis sinxelo retiralos para evitar que sirvan de fonte de contaminación para os demais.

CAMELIA

Pulgóns

Nas camelias que nós revisamos observamos un incremento do número de gromos  con presenza de colonias  de Toxoptera  aurantii. Se xa é complexo eliminar estas colonias retirando os gromos, será conveniente aplicar un insecticida.

BUXO

Cydalima perspectalis

Nunha planta de buxo de Pontevedra cidade onde non temos trampa topamos a primeira posta, moi recente e de só 3 ovos, desta bolboreta, que polo tanto xa iniciou o seu voo. De momento non é preciso tratar pero si incrementar a vixilancia.

Primeira posta Cydalima 2019_20xHai gromos novos mesmo en buxos que estiveron moi afectado