Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

AVISO FITOSANITARIO 20 ABRIL 2021

Lembren que a información que aportamos nos avisos fitosanitarios baséase no observado nas nosas parcelas de seguimento, noutras fincas que visitamos e tamén nos datos que, ás veces, nos aportan outros técnicos e viticultores. Por iso para facer unha xestión adecuada en cada caso é CONVENIENTE CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR DE CADA PREDIO

VIÑA

Mildio

Debido á inestabilidade climatolóxica, onte fixemos unha visita a algunhas viñas da nosa rede e máis a outras das que descoñecemos o historial de tratamentos e observamos que aparecera a primeira mancha de mildio na nosa viña de Areeiro (aínda sen tratamento algún na campaña) e noutra da nosa rede cunha aplicación funxicida, ademais de en sendas parcelas doutras persoas. Por outra banda, tamén nos informaron da detección dalgunhas manchas máis non só en Albariño senón nalgunha variedade tinta. As detectadas por nós tiñan unha esporulación apenas perceptible, pero como todos sabemos o tempo está húmido, relativamente cálido e moi cambiante. Tanto é así, que as diferentes previsións meteorolóxicas que consultamos  modifican constantemente os seus prognósticos para os próximos días aínda que mantendo sempre condicións de inestabilidade (choivas en forma de chuvascos ou máis persistentes segundo a axencia) pero en xeral con temperaturas mínimas na contorna dos 11-13ºC. Con esta  situación, é difícil aportar unha recomendación de actuación única máis que a necesidade da constante revisión das viñas aínda que se estea dentro do período de protección teórico do tratamento anterior para poder detectar posibles síntomas novos que deben ser freados debido a que as viñas están xa nun estado fenolóxico (acios visibles/separados), onde síntomas mal controlados poden ter impacto na potencial colleita.

Debido ao tempo chuvioso, a adición dun mollante ao caldo favorecerá a distribución e a adherencia do produto ás plantas. E lembren tamén que, cos produtos que se soen empregar nestes momentos (sistémicos, penetrantes) pódese intervir sempre que a viña estea seca e que pasen 1-2 horas despois da aplicación sen que se produzan precipitacións

Mancha detectada viña SalnésEnvés de mancha Salnés lixeira esporulaciónManchas en variedade tinta

Outros parásitos da viña

Non sucede en ningunha das parcelas que nós visitamos pero diferentes persoas nos informaron da presenza, localmente, de poboacións bastante importantes de pedroulo nalgunhas viñas do Salnés. Por outra banda, tamén hai as primeiras capturas Lobesia botrana nas trampas, síntomas de erinose e abundantes caracois nalgunhas viñas.

Adulto de pedroulo en viñaHai primeiras capturas de lobesiaDano pro gasterópodo en folla de viña

BUXO

Cydalima perspectalis

Empezan a atoparse as primeiras crisálides nos buxos pero aínda é posible observar eirugas alimentándose, polo que de momento é preciso continuar as revisións das plantas para determinar se hai necesidade de tratamento (se os síntomas continúan avanzando mailas intervencións realizadas).


Ainda quedan eirugas Cydalima pero xa hai cristalesXa hai crisalides Cydalima