Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

AVISO FITOSANITARIO 17 MARZO 2021

VIÑA

Mildio

Verificamos esta semana a maduración da oospora de mildio. Non obstante, consideramos que xa se tivo que ter producido cando menos a semana anterior, debido ao número de oosporas xerminadas. Ata certo punto era de esperar, tras un outono e inverno coma os rexistrados, tremendamente húmidos e sen apenas frío (ver datos na táboa adxunta). Que se produza a maduración do ovo de inverno NON SIGNIFICA EN ABSOLUTO QUE SEXA PRECISO TRATAR FRONTE A ESTA ENFERMIDADE: simplemente implica que cando se dean as condicións climatolóxicas e de desenvolvemento da vexetación necesarias, poderá ter lugar a primeira infección.

Comarca Estación Choiva (l/m2) Días choiva Horas-frío Días xeada

Condado

Cequeliños

1031

89

524,6

10

Meder

987,6

87

661

14

Morrazo

Bueu-Cabo Udra

751,3

90

sen datos

0

Cangas-Porto

870,7

87

sen datos

0

Pontevedra

Lourizan

1273,5

104

607,9

7

Campolongo

1201,9

94

533

0

Rosal

Areas

1425,2

97

579,6

6

As Eiras

1214,4

91

663

12

Condado

Barrantes

952,2

77

75,2*

8

Simes

952,9

96

364 **

7

Torrequintáns

975,3

93

536,4

6

Tremoedo

990

97

528,9

5

Soutomaior

Soutomaior

1197,2

92

577,4

5

* Sen rexistros en Novembro, Decembro, Xaneiro

** Sen rexistros en Outubro, Febreiro

Xermolacion oospora mildio 20x


 

Excoriose

Aínda non empezamos os percorridos polas nosas parcelas de seguimento, pero segundo a información doutros técnicos tamén as viñas están, na maior parte, entre os estados de xema inchada e follas incipientes. Estes días estamos a ter temperaturas elevadas durante o día, que favorecen o crecemento, pero bastante baixas durante a noite, co que o desenvolvemento verase algo freado. Con todo, esta patoloxía será a primeira fronte a que haberá que intervir nas viñas onde está presente, cando os viñedos teñan a maioría das plantas na contorna de follas incipientes, non debendo superar o estado de follas estendidas.

Excoriose, síntomas en bacelo


 

CÍTRICOS

Trioza erytreae e outros insectos chupadores (pulgóns, moscas brancas...)

Nos novos gromos de moitas árbores, principalmente limoeiros, xa se están a observar os primeiros óvos da psila africana (T. erytreae) e tamén os primeiros individuos doutros insectos chupadores coma pulgóns ou moscas brancas. Nos casos nos que sexa posible, é aconsellable a retirada e destrución destes gromos para limitar o establecemento das pragas e retrasar o máximo posible a necesidade dunha intervención fitosanitaria.

Nos gromos novos de limoeiro xa se observan ovos Trioza


 

BUXO

Cydalima perspectalis

As eirugas desta bolboreta están saíndo da hibernación e iniciando a súa alimentación. Con todo, na maior parte das zonas de momento só se observan uns poucos gromos afectados mentres os demais están verdes e desenvolvéndose, pero sabemos que os ataques nesta especie poden ser explosivos baixo condicións favorables. Por este motivo aconsellamos unha vixilancia continua das sebes/árbores, eliminar os gromos afectados que se atopen (os fíos de seda e mailos excrementos son un bo signo) e, se o ataque xa é de maior consideración, aplicar un tratamento, mellor con boa presión de caldo.

Comeza a actividade das eirugas de CydalimaGromo novo de buxo amosando indicios actividade CydalimaEiruga de Cydalima en actividadeFios de seda, excrementos e sintomas de Cydalima