Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 13 de maio

Lembren que a información que aportamos nos avisos fitosanitarios baséase no observado nas nosas parcelas de seguimento, noutras fincas que visitamos e tamén nos datos que, ás veces, nos aportan outros técnicos e viticultores. Por iso para facer unha xestión adecuada en cada caso é CONVENIENTE CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR DE CADA PREDIO

VIÑA

Estado fenolóxico: G - H [(55) - 57 da codificación BBCH]

Nalgunhas viñas Salnés empeza floración

Malia que as temperaturas desta semana non foron elevadas, o resto de condicións meteorolóxicas foron moi favorables ao desenvolvemento da vexetación, tanto en frondosidade coma en fenoloxía, e de xeito xa se empezan a observar acios en floración

 

 

Mildio

A meteoroloxía destes días ten sido bastante favorable ao mildio: as precipitacións que se rexistran desde a noite do domingo, aínda que acompañadas en xeral de temperaturas relativamente baixas, alternan con períodos de sol e temperaturas máis elevadas. Tamén algunhas noites houbo temperaturas compatibles coa esporulación do mildio, aínda que non de xeito xeneralizado. Sabemos que moitas persoas fixeron tratamentos antimildio a finais da semana pasada debido á previsión de choivas, pero outras sabemos tamén que non os aplicaron. Con estes antecedentes, atopamos esta semana (revisións días 11 e 12) toda unha variabilidade de situacións nas viñas, non só da nosa rede senón outras que visitamos ao azar así como algunhas que nos avisaron para que foramos ver:

  • - aproximadamente no 90% dos predios atopamos manchas novas, máis ou menos illadas, e con ou sen esporulación;
As manchas sinaladas son tres das moitas incipientes nesta follaEnvés mancha incipiente
  • - nun 5% (aproximado), había focos de mildio maiores, mesmo con acios e pampos afectados, en xeral en zonas pouco aireadas (pegadas a muros ou con exceso de vexetación) ou en predios onde algunha intervención anterior se dera en condicións de exceso de vento ou nas que chovera preto da finalización do tratamento;
Foco de mildio en viña CondadoPlanta con bo desenvolvemento require mellor tratamento
  • - no 5% restante non atopamos ningunha mancha.

Dáse a circunstancia de que o maior número de parcelas con presenza importante de manchas, ou con focos significativos da enfermidade, deuse na comarca do Condado (e tamén nos informaron desta situación algunhas persoas), pero tamén no Rosal e no Salnés algunhas viñas tiñan manchas máis ou menos dispersas. De feito, as plantas abandonadas que levamos observando desde principio de campaña, cuxas variedades descoñecemos pero que polo seu historial sabemos que non son sensibles ao patóxeno, estaban completamente libres de síntomas ata a semana anterior pero nesta semana atopamos en todas manchas de aceite, mesmo abundantes, sobre todo nas do Condado.

Viña abandonada Condado mildio

A día de hoxe, as predicións das diferentes axencias meteorolóxicas apuntan cara unha melloría do tempo desde mañá venres 14 e ao longo dos próximos días, aínda que algunhas prevén certa choiva mañá e, a maioría delas, a fin de semana. Dado o momento de elevada sensibilidade ao patóxeno no que se atopa a viña neste momento, a nosa recomendación é, coma sempre que hai condicións favorables, revisar as viñas aínda que se atopen teoricamente protexidas por unha intervención anterior, e renovar os tratamentos si se detecta a aparición de síntomas recentes.

Despois da cantidade de choiva caída estes días, ao mellorar a meteoroloxía rexistrarase a  evaporación deste exceso de auga e con isto haberá un ambiente de humidade nas viñas. Por iso, lembren que a sega da vexetación acompañante e a eliminación dos brotes chupóns próximos ao solo son medidas culturais que axudarán ao control deste e doutros fungos

Neste momento é fundamental o control da vexetaciónA alta vexetación do solo dificulta aireación viñas

Oídio

Aínda non vimos os primeiros síntomas deste fungo, pero nestes momentos de prefloración é aconsellable iniciar os tratamentos, se non o teñen feito xa. A tendencia das boas prácticas fitosanitarias é non mesturar funxicidas no mesmo tratamento. En caso de que o fagan, utilicen produtos da mesma casa comercial.

Botrite

A abundancia de gromos secos nalgunhas viñas debidos aos ventos fortes que se teñen rexistrado poden facer aparecer os primeiros síntomas deste patóxeno, polo que é aconsellable eliminalos.

Os ventos rexistrados romperon moitos gromos

Black rot

Do mesmo xeito que no caso do mildio, observamos avance deste patóxeno nas viñas abandonadas que revisamos. Nas tratadas, a situación mantívose estable. En caso de detectarse a enfermidade nas súas viñas, empreguen nos tratamentos fronte a mildio ou oídio funxicidas que teñan tamén eficacia fronte a este fungo.

Black rot viña abandonada SalvaterraMancha black rot amosando picnidios

BUXO

Cydalima perspectalis

Xa non atopamos nas sebes observadas esta semana ningunha eiruga, nin nunha abandonada sen tratamentos que tamén revisamos, e de feito os gromos dos buxos están sas en xeral.

Brotación actuación en buxoBuxo abandonado con gromos novos