Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

AVISO FITOSANITARIO 12 ABRIL 2021

VIÑA

Mildio

Finalmente, as temperaturas que se rexistraron a noite do venres ao sábado, cando empezaron as choivas, foron máis elevadas das previstas, superando os 13 ºC e mesmo chegando a 16 nalgunhas estacións. Segundo as previsións meteorolóxicas nestes momentos, mañá pode chover novamente. Aínda que as temperaturas destas dúas últimas noites non foron compatibles co mildio, e a pesar de non estar atopando ningunha mancha nas viñas (estamos a facer agora a revisión) é mellor realizar un tratamento preventivo fronte a esta enfermidade, dada a posibilidade de que as choivas se estendan durante algúns días segundo anuncian a maioría das axencias meteorolóxicas.