Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 11 de xuño

Lembren que a información que aportamos nos avisos fitosanitarios baséase no observado nas nosas parcelas de seguimento, noutras fincas que visitamos e tamén nos datos que, ás veces, nos aportan outros técnicos e viticultores. Por iso para facer unha xestión adecuada en cada caso é CONVENIENTE CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR DE CADA PREDIO

VIÑA

Estado fenolóxico: (I) - J [(65)-71-73 da codificación BBCH]

Unha semana más observamos variabilidade canto aos estados fenolóxicos, incluso dentro das mesmas parcelas, pero coma ten pasado outros anos sabemos que pasada esta temporada iranse igualando.

Acios van acadando bo desenvolvementoTamén acios so callados na mesma viñaAinda acios en flor en viñas xa case chicharo

Mildio

A meteoroloxía nestes últimos días foi favorable para o desenvolvemento da enfermidade canto a temperaturas nocturnas mínimas, que foron anormalmente altas, de ata 17ºC nalgunha das estacións consultadas da rede de Meteogalicia, aínda que a nivel de humidade non ocorreu o mesmo, xa que apenas en dúas noites se deron condicións de esporulación. Deste xeito, nas viñas que visitamos esta semana (día 9), non observamos síntomas novos, e só estaban presentes, aínda que de xeito puntual, en viñas que tiveran fallos nos tratamentos anteriores ou problemas na propia xestión agronómica das parcelas canto a presenza de frondosidade excesiva das plantas ou na vexetación acompañante, caso da parcela á que xa nos referiramos a semana pasada, aínda que co tratamento efectuado mailas pertinentes labores de aireación, mellorou.

Algunha mancha nova moi esporadicaMildio en acio non e o máis abundante

É máis, incluso as brotacións novas nas plantas testemuña (non tratadas) da nosa rede de seguimento e máis nas plantas abandonadas que observamos, as follas e demais órganos estaban completamente libres de mildio.

Nova brotación limpa en planta testemuñaBrotación limpa en planta abandonada

Porén, onte recibimos numerosas informacións de distintas persoas de que estaba a aparecer mildio nos acios.

As distintas previsións meteorolóxicas consultadas confirman que as temperaturas mínimas nocturnas van seguir sendo moi altas, pero tamén anuncian, ben probabilidade de que se produzan tronadas, ben  precipitacións de diferente entidade xa sexa mañá mesmo o a partir de domingo-luns. Canto á dirección dos ventos, aínda que algunhas predín ventos do norte, outras anuncian direccións diferentes. Debido á situación de incerteza meteorolóxica e a que os acios en formación presentan alta vulnerabilidade ao patóxeno, temos que seguir coa nosa recomendación habitual: revisar as viñas o máis a miúdo posible, sobre todo se se confirman os prognósticos e se producen tormentas ou precipitacións, e presten atención a posibles episodios de néboas, pois tamén poden aumentar a humidade nas viñas facilitando o desenvolvemento da enfermidade. De observarse síntomas novos ou danos no acio, será necesario renovar o tratamento.

Outra semana máis insistimos na importancia das medidas culturais para facilitar a ventilación das plantas

Oídeo

As condicións meteorolóxicas actuais tamén favorecen o desenvolvemento do oídio. De feito xa observamos os primeiros acios con síntomas, especialmente naqueles predios tratados previamente con xofre e cunha frondosidade elevada, de xeito que moi probablemente o produto non tivera acadado os acios correctamente. A nosa recomendación é tratar con un funxicida antioídio (que non sexa de contacto), dado que a climatoloxía, e o momento do ciclo da uva, seguirá a ser propicia para esta enfermidade.

Oidio no raspallo dun gran_10x

Black rot

Do mesmo xeito que a semana anterior, non observamos avance algún na sintomatoloxía que tiñamos nas nosas parcelas nin nas abandonadas próximas a algunha delas.

Plantas abandonadas Condado_mildio gaña black rot

 

Outros parasitos da viña

Seguimos a recoller machos nas trampas e a atopar algún glomérulo de Lobesia, aínda sen importancia. Tamén atopamos algunhas viñas con síntomas leves de erinose de verán.

BUXO

Cydalima perspectalis

No aviso anterior referiamos que tiñamos recollido os primeiros adultos na trampa que temos instalada, pero esta semana non apareceu ningún. Porén, atopamos as primeiras postas, aínda que moi testemuñais. Coas temperaturas previstas sen dúbida haberá maior proporción de postas e mesmo as primeiras eclosións de ovos, polo que hai que incrementar a vixilancia.

Observamos esporádicamente primeiras postas Cydalima