Advanced-Content-List

É necesario configurar o portlet antes de poder utilizalo

AVISO FITOSANITARIO 6 MAIO 2021

Lembren que a información que aportamos nos avisos fitosanitarios baséase no observado nas nosas parcelas de seguimento, noutras fincas que visitamos e tamén nos datos que, ás veces, nos aportan outros técnicos e viticultores. Por iso para facer unha xestión adecuada en cada caso é CONVENIENTE CONFIRMAR A SITUACIÓN PARTICULAR DE CADA PREDIO

VIÑA

Estado fenolóxico: F - G (55 da codificación BBCH)

Mildio

Como estaba previsto, as temperaturas nocturnas dos días pasados foron moi baixas, e tanto durante algunhas horas do día coma da noite rexistráronse tamén ventos do norte, o que contivo o avance da fenoloxía das plantas. Estas condicións non foron as óptimas para o desenvolvemento do fungo e así, nas visitas que realizamos esta semana ás viñas (entre martes e mércores), non atopamos novos síntomas ou estes eran moi puntuais e tan incipientes que apenas era posible visualizalos. Mesmo no predio onde a semana anterior detectaramos un foco de mildio que definiramos como "ben aparente", só había nunha folla certa zona de avance.

Atopamos algunha mancha nova moi incipienteApenas é perceptible pero nalgunha mancha vella hai zona avance

Nas nosas parcelas concretamente, que levan segundo a zona 10-16 días sen intervención, tampouco detectamos manchas, nin sequera nas plantas testemuña que mantemos sen tratamento de calquera tipo. Estas plantas tamén estaban  completamente limpas, sen indicio algún do patóxeno. Porén, hoxe 6 de maio, e  tras o cambio climatolóxico producido a noite pasada, revisamos de volta a nosa viña de Areeiro e comprobamos que algunha mancha está empezando a aparecer, o que era de esperar tras o cambio producido e ao momento da campaña.

Empeza a aparecer algunha mancha

De cara á próxima semana, as axencias meteorolóxicas consultadas anuncian que as choivas serán unha constante, especialmente entre sábado/domingo e luns, pero en xeral case na súa totalidade prevén precipitacións e temperaturas nocturnas, polo menos a curto prazo, na contorna de 13 ºC. Por este motivo, é preciso renovar os tratamentos a menos que xa se teña feito e constatado a súa eficacia.

Nalgunhas viñas obsérvanse plantas con brotes chupóns nacendo a diferentes alturas das cepas, mesmo preto do chan, e tamén a herba bastante alta. Estes brotes e herba poden ser unha fonte importante de inóculo polo que deben ser eliminados e a herba rozada

Neste momento e fundamental o control da vexetación

Black rot

Nas viñas que nós revisamos seguimos sen observar síntomas do fungo, pero nas plantas abandonadas de Corzáns ás que nos referiramos a semana anterior comprobamos certo  avance da enfermidade. Como dicimos todos os anos, as condicións meteorolóxicas que en xeral favorecen ao fungo causante do mildio son tamén propicias para o responsable do black rot e como sabemos (pola información recibida) que en certas viñas si hai síntomas da enfermidade, lembramos que nestes predios empreguen un funxicida antimildio que tamén teña efecto fronte a este outro fungo.

Continua evolución black rot abandonada

Outros parasitos da viña

Sen dúbida esta semana o parasito ao que lle hai que prestar maior atención é ao mildio, pero hai que seguir falando da presenza de caracois en poboacións bastante importantes nalgunhas viñas. Amais, tamén os ventos do norte que se rexistraron na semana produciron a rotura de gromos nalgunhas viñas e por iso haberá que estar pendentes da posible aparición de síntomas de podre, dado o anuncio de precipitacións e temperaturas suaves que se prevén.

Dano por gasterópodoOs ventos do norte produciron rotura de pampos

MACEIRA

Moteado

Ao igual que referimos para o caso do mildio, esta semana hai que esperar a aparición dos primeiros (ou novos, se xa os había) síntomas da enfermidade, polo que se recomenda renovar (ou iniciar) as aplicacións para evitar problemas futuros na froita.

Micelio de moteado en folla maceiraSíntomas de moteado en manzana

PATACA

Mildio

Lembren que os períodos de choivas e temperaturas suaves son favorables aos fungos responsables desta enfermidade, e a situación pode ser especialmente grave nas plantas baixas, ao estar máis próximas ao terreo. Entón, considerando as previsións meteorolóxicas para os próximos días, haberá que protexer as plantas antes de que veñan as choivas máis fortes previstas para a fin de semana.

Brote terminal de patata necrosado a consecuencia del mildiuEsporulacion mildio pataca

BUXO

Cydalima perspectalis

Nesta semana unicamente observamos xa unha eiruga nas sebes que revisamos, pero si atopamos dúas crisálides máis. Polo tanto, en principio non haberá que tratar pero se noutras sebes/plantas o ciclo está máis retrasado, haberá que estar aínda pendentes.

Crisalida de C. perspectalis