Publicador de contidos

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 29 XUÑO 2018

VIÑA

Estado fenolóxico: J - K (68 a 73-75 da codificación BBCH)

Entre a semana pasada e a actual o incremento no tamaño dos grans foi moi elevado na totalidade das viñas, circunstancia favorecida polas temperaturas e as humidades tan altas que se rexistran. Así, nas fincas que nos visitamos (as da nosa rede de seguimento habitual máis outras diferentes cada semana) as uvas atópanse de media no estado de "baias de 3 mm" e xa moitas acadan o tamaño chícharo, en especial nas zonas/fincas máis adiantadas. Tamén, apenas observamos nesta semana as diferenzas na fenoloxía dentro da mesma parcela ás que faciamos referencia no aviso anterior.

27xuñ18_Tamaño da uva en viña Salnes27xuñ18_Tamaño da uva en viña Condado

Este desenvolvemento dos grans provocou que nas parcelas con máis fallos na floración pola coincidencia de choivas nese período, sexan máis evidentes as diferencias entre grans formados e abortados do mesmo acio, sobre todo nalgunhas fincas, onde a perda de uva a causa deste fenómeno é bastante significativa.

Co crecemento dos grans vense mellor os fallos na floracionCo crecemento dos grans vense mellor os fallos na floracion_2

Mildio

Despois dun sábado cunhas temperaturas anormalmente elevadas (picos máximos de máis de 30ºC –ata máis de 37 na estación de Areas en Tui- durante  3 a 5 horas –máis tempo na estación de Meder en Salvaterra-), o resto da semana caracterizouse por un tempo tormentoso, con temperaturas máximas non tan elevadas pero cunha sensación moi abafante debido a unhas humidades medias do 75 ao 90%.

Estas condicións climáticas tan favorables ao mildio traducíronse en sucesivos ciclos da enfermidade, pois ás mencionadas (temperatura e humidade altas) hai que engadir días con humidade foliar durante moitas horas, ata máis de 21 (en Meder),  16 (en Soutomaior) ou 12 (en Tremoedo). Tamén por este motivo rexistrouse un incremento importante no volume de esporanxios que recollemos no captador que mantemos entre as plantas testemuña (sen tratamento algún) da nosa finca de Areeiro, cun pico máximo de 1112 esporanxios/m3 o día 25, no que se rexistraron más de 10 horas de humectación nas follas. De feito, nesas plantas observamos xa varios gromos (aparte dos acios) totalmente cubertos pola frutificación do fungo.

27xuñ18_punta de gromo afectado de mildio27xuñ18_O mildio en testemuña comeza a afectar aos pampos27xuñ18_Os acios nas plantas testemuña teñen este aspecto
grafica do captador de esporas

Gráfica do captador situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA (colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense – Universidade de Vigo)

Deste xeito, nesta semana tivemos informacións de diferentes viticultores e técnicos sobre a aparición de síntomas moi importantes, tanto en acio como en folla, en especial no Salnés e tamén no Condado. Das fincas que nos visitamos, no Salnés non apreciamos esta circunstancia en ningunha delas, mentres que no resto de comarcas si puidemos observar algúns acios con pequenas partes afectadas (non só presentando frutificación do fungo senón xa escurecemento de grans) e algunha mancha en folla, independentemente do tempo que fixera desde que recibiran o tratamento anterior. Iso si, a intensidade do ataque era moi elevada nunha finca que produce en ecolóxico, onde a práctica totalidade de acios presentaba diferentes porcentaxes de afectación, a maioría de máis do 25%.

Nalgunhas fincas tratadas hay algo de mildio_1Nalgunhas fincas tratadas hai algo de mildio_2Mildio provoca xa escurecemento de gransAcios en viña en ecoloxico

De cara aos próximos días, as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas continúan prevendo tempo inestable polo menos ata metade da semana entrante, con temperaturas mínimas bastante altas, o que continuará favorecendo as infeccións secundarias. Por este motivo, o NIVEL DE ALERTA DEBE SER MOI ALTO e, a pesar de ter renovado os tratamentos, será fundamental vixiar o viñedo para comprobar a súa eficacia e detectar canto antes a potencial aparición de novos síntomas, en cuxo caso haberá que repetir as aplicacións, dando prioridade a funxicidas con materias activas que posúan efecto curativo e antiesporulante (consulte aos técnicos).

Na maioría de viñas onde hai acios afectados polo fungo a densidade de vexetación é elevadísima, o que dificulta a adecuada chegada dos funxicidas aos acios.

Por iso temos que insistir novamente na necesidade de eliminar o exceso, de facer esfollas nas viñas máis vigorosas e, en definitiva, de reducir a humidade e facilitar a ventilación a nivel das uvas. Por outra banda, tamén é fundamental confirmar que a maquinaria de aplicación estea en perfecto estado.

Oídio

Pese a que as condicións ambientais destes días favorécenlle, apenas notamos algunha folla con máis síntomas do fungo, pero de momento non atopamos os primeiros acios afectados. Porén, como no estado  fenolóxico actual a uva é sensible ao fungo, repetimos a recomendación da semana anterior: engadir un funxicida antioído cando se renove o tratamento fronte ao mildio.

Este ano, a eliminación moderada de follas na contorna dos acios é especialmente recomendable, sobre todo en variedades sensibles e/ou con historial de danos por este fungo. Esta labor permite ventilar os acios e fai penetrar a luz, inimigo do oídio, co que se limita o establecemento do fungo.

27xuñ18_Non houbo moito incremento oidio_1Folla con micelio oidio e manchas mildio

Botrite

Debido a que en xeral os grans non presentan feridas neste momento, non se observan síntomas do fungo a pesar da elevada humidade relativa e das temperaturas altas que hai estes días. Tamén hai que dicir que a concentración de esporas que recollemos no captador que temos entre as filas testemuña (sen tratar) da nosa finca de Areeiro baixou co paso dos días, como se pode comprobar na seguinte gráfica:

grafica do captador de esporas

Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA (colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense – Universidade de Vigo)

Ademais dos beneficios propios derivados do bo control das outras enfermidades (e tamén pragas) da vide, unha boa protección fronte a  mildio e  oídio tamén é fundamental para previr a instalación de  botrite

Black rot

Non volvemos ver novos síntomas desta patoloxía, nin nas parcelas onde xa se detectara nin noutras novas. 

...as manchas de black rot soen ser redondeadas...pero non sempre

Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Segundo deducimos da nosa rede de trampas, está a comezar o voo da segunda xeración de Lobesia botrana, iso si, de momento (sempre segundo nosas fincas) moi timidamente e nas comarcas do sur da provincia. Canto á presenza de síntomas, apenas se observan xa glomérulos e aínda non detectamos as primeiras postas onde xa houbo capturas de individuos.

Adultos de Lobesia botranaHuevo de Lobesia botrana viable 20x

Cicadélidos

Seguimos capturando poucos individuos na nosa rede de trampas, e tamén atopando escaso número de larvas ou ninfas nas follas. Unicamente temos que destacar unha parcela en Goián (Tomiño), onde o incremento si foi significativo, aínda que só no que respecta aos adultos.

Nalgunha finca incrementouse presenza cicadelidosLarva de CicadélidoNinfa de Emposaca vitis no revés da folla

Altica Sp

Na nosa parcela de seguimento de Vide continúa avanzando lentamente a porcentaxe de follas con síntomas da alimentación destes insectos, pero a densidade foliar das plantas é tan elevada que non hai necesidade de intervir.

Algunhas follas con sintomas Altica en VideLarvas maduras Altica en albariño

Trips

Unicamente observamos un avance na sintomatoloxía causada polo ataque destes insectos na finca do Rosal (non na do Salnés) onde os detectaramos a semana anterior. Aínda así, seguen confinados a unha única planta, polo que non se vai intervir de momento.

Confirmouse presenza de trips nestas follasNinfas de Drepanothrips reuteri

Ácaros

Fronte á semana anterior a situación mantívose estable nas fincas que nos revisamos.

Se debe confirmar si las punteaduras son por acariosis u otros fitofagosNalgunha finca se incrementou incidencia de erinose

Outros

Coas elevadas temperaturas que se rexistraron, e que aínda se rexistran, o estrés das plantas é maior, e así xa empezan a observarse síntomas de alteracións de madeira. Lembren que se afectan a un só brazo e este xa está totalmente seco, pode eliminarse agora, aplicando un funxicida na zona do corte que quede na planta. Se afectan á totalidade da planta, poden ir marcándoa para que estea ben identificada no momento da poda.

As temperaturas rexistradas favoreceron expresion sintomas madeira05xullo17_Estes tamen son sintomas de alteracións de madeira

MACEIRA

Moteado

O calor e a humidade alta son condicións moi favorables a este patóxeno. Así, nas nosas parcelas de seguimento (sen tratar) apareceron nesta semana novos síntomas en folla. Ademais, como é un patóxeno capaz de causar danos ata o final do ciclo, e segundo as previsións vai continuar o clima húmido, haberá que renovar os tratamentos nas variedades sensibles no caso de estar as plantas desprotexidas por ter concluído xa o período de protección da intervención anterior. 

Manchas de moteado en folla maceira13xuñ18_Varios sintomas moteado

Non esquezan elixir un funxicida cun curto prazo de seguridade nas variedades máis temperás e RESPECTAR ESTRITAMENTE este prazo

Oídio

Nesta semana observamos novos síntomas, sen dúbida favorecidos polas condicións climáticas destes días.

Gromo de maceira completamente invadido polo oídioEn xeral non avanzou o oidio nas maceiras

Couza da mazá (Cydia pomonella)

Esta semana, nas nosas parcelas de seguimento, que como saben mantemos sen tratamentos para comprobar a evolución natural do voo do insecto, as capturas foron moi variables: desde ausencia de capturas ata 10 machos por trampa. Por iso insistimos sempre na instalación de trampas como medio de racionalizar e optimizar o control, tratando cando se supera o limiar de tolerancia.

As feridas derivadas dun mal control desta praga non só deprecian directamente os froitos senón que tamén favorecen a instalación de fungos de  podremia sobre eles

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en fruto de la variedad goldenMazas con podres a partir de dano couza

Outros

A elevada humidade destes días está favorecendo a instalación de diferentes fungos oportunistas nos froitos que presentan feridas causadas por insectos, paxaros, avespas... Lembren que estes froitos son unha fonte de contaminación para outros, polo que é recomendable retiralos na medida do posible. 

Maza con MoniliaLas manzanas con pudrición deben ser eliminadas

MARMELEIRO

Oídio

Do mesmo xeito que no caso da maceira, tamén en marmeleiro obsérvanse follas cunha elevada presenza de  micelio de  oidio, pois as condicións climáticas están a ser favorables.

Os marmeleiros son en xeral sensibles ao oídioFuerte presencia de oidio en hoja de membrillero

Entomosporium maculatum

Tamén notamos un incremento das árbores afectadas por esta enfermidade, que pode provocar caída prematura de follas.

Hoja de membrillero con manchas de Entomosporium y micelio de oidioEntomosporium maculatum e oidio en folla de marmeleiro

BUXO

Cylindrocladium buxicola

A elevada humidade destes días está a provocar a aparición de síntomas da enfermidade nalgunhas sebes, sobre todo de Buxus sempervirens suffruticosa. Recoméndase aplicar un tratamento nos casos nos que se observen, ademais de eliminar as follas secas, favorecer a aireación das plantas e, en caso de realizar regas, utilizar goteo en lugar de  aspersión.

27xuñ18_Nalgunhas sebes hai Cylindrocladium27xuñ18_Hai secado de follas por Cylindrocladium

Cydalima perspectalis

Non observamos cambios importantes nesta semana, polo que de momento parece que só hai que seguir vixiando as plantas. Consulten se o desexan a nosa ficha técnica Cydalima perspectalis (Walker, 1859). Bolboreta do buxo para recoñecer como son as eirugas novas e os primeiros danos co obxectivo de evitar os graves danos que poden causar.

Primeiro adulto visualizado segunda xeracion 2017 Cydalima13xuñ18_Forma escura de Cydalima perspectalisOvos de C perspectalis eclosionados 40x-2Eirugas neonatas Cydalima en planta