Publicador de contidos

INFORMACIÓN FITOSANITARIA 06/02/2018

Tras un 2017 seco en xeral (ver cantidades totais recollidas nalgunhas estacións meteorolóxicas da rede de MeteoGalicia) e despois das abundantes precipitacións do mes de xaneiro, nestes primeiros días de febreiro estamos a ter momentos con tempo máis seco e fresco como estes días (ver táboa). As previsións a medio-longo prazo anuncian nestes intres que o resto do mes seguirá sendo bastante húmido, polo que haberá que aproveitar as xornadas de tempo seco para levar a cabo algunhas labores recomendables nos cultivos. Tamén as elevadas temperaturas de finais de xaneiro adiantaron a brotación dalgunhas árbores, que sen dúbida sufrirán a consecuencia deste frío que se rexistra.

Precipitación total ANO 2017

Comarca

Estación

Choiva (l/m2)

Pontevedra

Areeiro

1045,7

Salnés

Barrantes

1065

Tremoedo

1098

Rosal

Areas

1222,8

Eiras

1089,1

Condado

Cequeliños

990,6

Meder

1059,6

Soutomaior

Soutomaior

1116,4

Sumatorio de datos de outubro 2017 a xaneiro 2018

Comarca

Estación

Choiva (l/m2)

Días choiva

Horas-frío

Días xeada

Pontevedra

Areeiro

531,9

47

302,19

0

Salnés

Barrantes

486

60

704,98

16

Tremoedo

309,1

48

498,97

1

Rosal

Areas

677,2

48

640,52

4

Eiras

603

47

627,36

2

Condado

Cequeliños

313,4

45

747,62

4

Meder

327,2

45

646,65

5

Soutomaior

Soutomaior

387,6

46

455,85

0

As temperaturas altas de finas de xaneiro provocaron algunhas brotacions En certas zonas hai algunhas arbores moi adiantadas

VARIAS ESPECIES LEÑOSAS (VIÑA, FROITEIRAS, ORNAMENTAIS)

Podas

Aínda que moitos xa as terán feito, as podas é posible realizalas ata mesmo a entrada da primavera. É máis, unha poda tardía, cando o zume empeza a moverse no interior da planta, favorece a cicatrización natural das feridas (e tamén é menos probable que as xeadas poidan afectar aos gromos cando nazan). Por outra banda, tamén hai máis posibilidades de aplicar inmediatamente despois da operación, e sen que haxa risco de toxicidade, os funxicidas cúpricos recomendables para previr o desenvolvemento de certos fungos causantes das alteracións da madeira, pois moitos deles penetran maioritariamente a través dos cortes. Por este último motivo, non esquezan eliminar as ramas mortas e sanear (no posible) as que presenten cancros, facer cortes limpos, desinfectar as tesoiras, etc. 

Sempre que sexa posible hai que retirar da finca a madeira de poda (ou queimala, pedindo a autorización pertinente), e NUNCA deixar (ou triturar e incorporar ao terreo) restos que se saiba proveñan de plantas enfermas. Ademais, as plantas mortas non só deben cortarse senón que hai que retirar igualmente o conxunto de toco máis raíces para reducir o risco de ataque de fungos das raíces como Armillaria e outros.

Los restos de poda no deben almacenarse en la finca Os restos das podas deben eliminarse e non deixalos nas fincas

CÍTRICOS

Phytophthora spp.

Despois da elevada humidade rexistrada a consecuencia das choivas poden aparecer, sobre todo se houbo retencións de auga na contorna das raíces,  síntomas que poden estar asociados a Phytophthora cinnamomi ou outras especies do xénero, que son bastante frecuentes nos cítricos. A sintomatoloxía non é específica, pero Phytophthora cinnamomi soe producir caída de follas e deixar as árbores parcialmente núas, aínda que en ocasións conservan os froitos. Ante a aparición dos primeiros indicios é recomendable tratar con funxicidas a base de fosetil-Al 80%, metalaxil-M ou óxido cuproso 50%. No caso de intervir lembren que deben respectar ESTRITAMENTE o prazo de seguridade do produto empregado.

Tamén é frecuente nestes momentos ver froitos coa podremia típica de Phytophthora hibernalis. Ao marxe da aplicación de funxicidas (que poden ser os anteriormente citados ou algúns outros formulados de cobre), é moi recomendable retirar da árbore, e tamén do solo, a froita moi afectada, pois se non se fai o risco de infección é elevado e poden instalarse tamén outros patóxenos oportunistas.

Este limoeiro está afectado por Phytophthora Limons na arbore coa podremia caracteristica de Phytophthora hibernalis Se non se retiran os froitos con podremia poden instalarse patoxenos secundarios

A PESAR DE ESTAR AUTORIZADOS, LEMBREN QUE OS FUNXICIDAS DE COBRE NON SE PODEN EMPREGAR CON TEMPERATURAS FRÍAS COMO AS DE ESTES DÍAS

Trioza erytreae, psila africana dos cítricos

As temperaturas anormalmente altas de finais de xaneiro nas horas centrais do día favoreceron a aparición de gromos nalgunhas árbores. Sobre eses gromos xa se poden ver adultos e colonias de ninfas deste insecto. O descenso xeneralizado dos rexistros térmicos que se produciu a continuación está a frear o avance da praga. Porén, é conveniente retirar os gromos afectados que sexa posible, que ademais probablemente sufran a consecuencia das potenciais xeadas que poidan rexistrarse de aquí en diante.

02feb18_Nos gromos dos citricos que hai xa aparecen colonias de Trioza erytreaeAdulto recien emergido de Trioza erytreae Síntoma inicial da psila africana

PLANTAS DE HORTA

Caracois e babosas

Las precipitaciones que se registran favorecen a caracoles y babosas

Coas choivas que se levan rexistrado é frecuente ver danos por caracois ou babosas nas plantas de horta que hai agora nos campos, sobre todo naquelas como os repolos nas que se atopan máis protexidos. No Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio hai sustancias rexistradas para o seu control (fosfato férrico e metaldehído) que poden axudar a reducir os danos. Ademais, tamén hai medidas culturais que poden contribuír a limitar os seus ataques, como son o control das malas herbas ou a eliminación dos restos de cultivos anteriores (con isto último tamén se reduce inóculo de determinados patóxenos e se eliminan formas invernantes dalgunhas pragas).

BUXO

Cydalima perspectalis

Nunha serie de gromos que mantemos en condicións de laboratorio as primeiras eirugas invernantes empezan a iniciar a súa actividade. Por este motivo, e aínda que segundo as previsións meteorolóxicas van continuar os fríos no exterior, hai que ir vixiando os gromos de buxo por se aparecen os primeiros danos.

En ambiente confinado as eirugas de Cydalima perspectalis empezan ter certa actividade Hai que ir vixiando os gromos de buxo por se aparecen os ataques de Cydalima perspectalis

PIÑEIRO

Procesionaria

Aínda que as primeiras procesións de enterramento xa fai tempo que se teñen observado, aínda na semana pasada, cando as temperaturas non eran tan baixas, era posible observalas nalgunhas zonas. Lembramos que as eirugas posúen pelos urticantes que poden producir reaccións alérxicas e  inflamatorias e que, no caso de animais domésticos como os cans, chegan mesmo a xerar necroses nos tecidos da boca e próximos. Polo tanto unha vez máis insistimos en que NON SE DEBEN MANIPULAR BAIXO NINGÚN CONCEPTO. 

Thaumetopoea pityocampa (Procesionaria) - Eirugas de Thaumetopoea pityocampa en procesiónEirugas de procesionaria agrupadas xusto antes de enterrarse